Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (Hospital Universitario Lucus Augusti), pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración sucesiva de compoñentes informáticos para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (MS-CHX1-12-001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). San Cibrao, s/n (27003) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: San Cibrao, s/n.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4) Teléfono: 982 29 60 47.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: alvaro.lage.mouriz@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-CHX1-12-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: compoñentes informáticos para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2 lotes.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: San Cibrao, s/n.

2) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 30233100-2, 30237300-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 328.145,06 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 164.072,53 euros.

Importe total: 193.605,58 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 22 de xaneiro de 2012.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a indicada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Domicilio: San Cibrao, s/n.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Número previsto de empresas as que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección Xerencia do Hospital Universitario Lucus Augusti. San Cibrao, s/n.

c) Localidade: Lugo, 27003.

d) A data e a hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de decembro de 2011.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 24 de novembro de 2011.

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo