Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de decembro de 2011 pola que se notifica a Motonáutica Esmar, S.L. o emprazamento para comparecencia no recurso contencioso-administrativo interposto polo Club Náutico Caramiñal contra a resolución deste ente público do 10 de xuño de 2011 sobre adxudicación definitiva de concurso para explotación para instalacións náutico-recreativas no porto da Pobra do Caramiñal.

Tentada por dúas veces a notificación no último domicilio coñecido e despois de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícase a Motonáutica Esmar, S.L. que se está a tramitar o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 625/2011, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, interposto polo Club Náutico Caramiñal, contra resolución do ente público Portos de Galicia do 10 de xuño de 2011 sobre adxudicación definitiva do concurso para a explotación para instalacións náutico-recreativas no porto da Pobra do Caramiñal, co fin de que poida comparecer, se o considera oportuno, perante o dito xulgado, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia