Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de decembro de 2011 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente IU2/125/2010).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 3 de novembro de 2011 resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/125/2009 a José Bouzón Sotelino como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 17 de febreiro de 2010, que ordenaba a domolición das obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa e aos usos aos que desen lugar, no lugar de Tuimil-O Viso, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, por estar o seu destinatario ausente na repartición do correo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Trancorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.º regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2011.

José María Domínguez Blanco
Subdirector de Axencia da Protección da Legalidade Urbanística