Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38023

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de mantenemento de calefacción e auga quente sanitaria nos colexios públicos de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. N.º de expediente: 12612-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: mantemento e control integral dos equipamentos de calefacción e auga quente sanitaria nos colexios públicos dependentes do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 2 anos e dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 130.012,38 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante), teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo P, subgrupo 3, categoría A.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 26 de xaneiro de 2012.

Documentación: a exixida na cláusula 7 das follas de características do contrato (FEC).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 15 de decembro de 2011.

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación