Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38025

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ACORDO de aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Melide.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 29 de abril de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«42. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Melide en materia de xestión, inspección e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Melide en relación coa seguinte materia:

  • Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión obxecto de delegación afectará tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como o suposto especial da telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 26 de maio de 2011.

Salvador Fernández Moreda José Luis Almau Supervía

Presidente da Deputación Secretario da Deputación

Provincial da Coruña Provincial da Coruña