Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38021

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación dunha entidade colaboradora da Seguridade Social para a cobertura das continxencias profesionais por accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal deste concello.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Prevención de Riscos Laborais. N.º expediente: 21903-220.

2. Obxecto do contrato: descrición: selección dunha entidade colaboradora da Seguridade Social para a cobertura das continxencias profesionais por accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Concello de Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: catro anos prorrogables por dous anos máis.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Garantías provisionais: non se exixe.

5. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 6 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: vexase punto 5 do anuncio.

Data e hora: se anunciará no perfil de contratante do Concello de Vigo.

9. Outras informacións:

10. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 14 de decembro de 2011.

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Xestión Municipal