Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38020

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para a instalación dun taller de pirotecnia.

Francisco González Lameiro, en representación de Pirotécnia La Gallega, S.L., solicitou neste concello licenza municipal para a obtención de título habilitante que ampare a solicitude formulada para a legalización da situación da instalación dun taller de pirotecnia, sita en Baldráns-Tui, e en cumprimento do artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo, que comezará a contar desde a inserción deste anuncio no DOG e no BOP, todas aquelas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e poidan formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Tui, 1 de decembro de 2011.

Moisés Rodríguez Pérez
Alcalde