Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución dun recurso de alzada contra o Acordo de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dun recurso de alzada interposto contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración.

Interesado: Juan José Villar del Toro.

Último enderezo coñecido: r/ Colombia, 32-1.º esq.; 36204 Vigo; Pontevedra.

Acto notificado:

«Resolvo desestimar o recurso de alzada interposto por Juan José Villar de Toro (propietario n.º 619), contra o Acordo de concentración parcelaria da zona de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados podan exercer calquera outro que coiden pertinente.

Notifíquese aos interesados segundo o establecido na lexislación vixente».