De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense), por ser devolto polo servizo de Correos.
O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.
Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente: resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración.
Interesado: Juan Luis Domínguez Pérez.
Último enderezo coñecido: avda. de Castrelos, 37-1.º; 36210 Vigo; Pontevedra.
Acto notificado:
«Resolvo desestimar o recurso de alzada interposto por Juan Luis Domínguez Pérez (propietario n.º 225), contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense).
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e artigos 10.1 a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados podan exercer calquera outro que consideren pertinente.
Notifíquese aos interesados segundo o establecido na lexislación vixente».