Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural sito na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo, 2.º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 25 de novembro de 2011.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0057/2011-IA.

Denunciado: Fidel Elúa García.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ICA-PO-0018/2011-BA.

Denunciado: Eco y Asociados de Gondomar, S. L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0058/2011-VNA.

Denunciado: Construcciones Lumoar, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.