Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37769

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (435/2011-F).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que a sentenza ditada o día 21.11.2011, no proceso seguido por instancia de José Mena Suárez, Nuria Estraviz González, Guillermo Leira Piñeiro, Santiago Armas Castro, Daniel Rodríguez Casteleiro e Manuel Alen Ansede, contra Nueva Instaladora de Calefacción, S.L. e o Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co n.º 435/2011-F, acordouse notificar á empresa Nueva Instaladora de Calefacción, S.L., a seguinte sentenza cuxo encabezamento e decisión din o seguinte:

«Sentenza: 551/2011.

N.º de autos: despedimento/cesamento en xeral 435/2011.

Na cidade da Coruña, 21 de novembro de 2011.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, logo de ter visto estes autos sobre despedimento entre partes, dunha, e como demandantes, José Mena Suárez, Nuria Estraviz González, Guillermo Leira Piñeiro, Santiago Armas Castro, Daniel Rodríguez Casteleiro e Manuel Alen Ansede, que comparecen asistidos do letrado Sr. Portela Torrón, e doutra, como demandados, Nueva Instaladora de Calefacción, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia estar citados en forma.

Decido que, aceptando a demanda interposta por José Mena Suárez, Nuria Estraviz González, Guillermo Leira Piñeiro, Santiago Armas Castro, Daniel Rodríguez Casteleiro e Manuel Alen Ansede contra a empresa Nueva Instaladora de Calefacción, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata dos demandantes, nas mesmas condicións que posuían con anterioridade, ou o aboamento da seguinte indemnización máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación que se dirán desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución:

José Mena Suárez, 32.565,72 euros máis 49,34 euros por ST.

Nuria Estraviz González, 20.172,58 euros máis 47,19 euros por ST.

Guillermo Leira Piñeiro, 73.058,58 euros máis 57,98 euros por ST.

Santiago Armas Castro, 12.594,74 euros máis 48,67 euros por ST.

Daniel Rodríguez Casteleiro, 16.245,39 euros máis 48,67 euros por ST.

Manuel Alen Ansede, 11.388,30 euros máis 9,04 euros por ST.

Notifíqueselles esta resolución ás partes a que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberán anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberán, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E igualmente deberán, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de localización.

E para que lle sirva de notificación á empresa Nueva Instaladora de Calefacción, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial