Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37771

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (748/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 748/2011 por instancia de Yasmina Placeres González contra a empresa Confecciones Cial, S.L. sobre despedimento, nos cales foi ditada sentenza con data do 30.11.2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Que, considerando a demanda interposta por Yasmina Placeres González contra a empresa Confecciones Cial, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 619,96 euros, máis, en ambos os casos, ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, que ascende 33,3 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que o recurso se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza: No propio termo, se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar o comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 030 1846 42 0005001274.

Igualmente, deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534000064074811.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Cial, S.L. expido e asino este edicto na Coruña o 30 de novembro de 2011.

O secretario xudicial