Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2011/016).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Lugo, 20.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 69 m, bajo canalización existente, con orixe no centro de seccionamento do centro de transformación Lugo, n.º 94 (expediente IN407A 2006/226), en condutor R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación y seccionamiento non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20/0,400-0,230 kV.

Rede de baixa tensión soterrada baixo tubo, cunha lonxitude de 42 metros, en condutor R.V. 0,6/1 kV 3×(1×240) Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta Xefatura Territorial, sito no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de agosto de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial