Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 2 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición número RR/U/2009/00104, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido na avenida de Santiago n.º 75, entresollado, 32001 Ourense (Ourense), a resolución que desestima o recurso de reposición número RR/U/2009/00104, formulado contra a Resolución do 27.11.2008 ditada polo director xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre a aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial da Sionlla, no concello de Santiago de Compostela, da cal a súa parte dispositiva di:

«Resolvo desestimar o recurso de reposición número RR/U/2009/00104 interposto por Javier Luis Prado Méndez e por José Caride Cortizo, en nome e representación de Rosel, S.A. e Hirma, S.L., en relación co predio n.º 53, polígono 507, parcela 617, contra a Resolución do 27 de novembro de 2008, ditada polo director xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial da Sionlla, no concello de Santiago de Compostela. En consecuencia, confírmase a resolución obxecto de recurso.

Contra esta resolución que é definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10.1.j) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas