Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 2 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/CAL/2010/00072, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido en El Dock s/n, As Xuvias, 15006 A Coruña (A Coruña), a resolución que desestima o recurso de alzada número RA/CAL/2010/00072, formulado contra a resolución do director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do 17.9.2008, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a planta de procesado de faba de soia, no concello de Culleredo, á entidade mercantil Bunge Ibérica, S.A., cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo desestimar o recurso de alzada interposto pola representación legal de Parque de Mariscos José García Abella, S.L., contra a resolución do director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do 17.9.2008, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a planta de procesado de faba de soia, no concello de Culleredo (A Coruña), á entidade mercantil Bunge Ibérica, S.A. (expediente 2006/0305_NAA/IPPC), confirmando a devandita resolución en todos os seus aspectos.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas