Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 2 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/VI/2011/00111, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido na rúa Camelias n.º 24, portal 3, 4.º esq., 15008 A Coruña, a resolución que estima o recurso de alzada número RA/VI/2011/00111, formulado contra a resolución do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, do 3.11.2009, pola que se acordou o arquivo do expediente C-RP-0390/07 sobre rehabilitación protexida da vivenda sita na rúa Camelias n.º 24, portal 3, 4.º esq. (A Coruña), cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo estimar o recurso de alzada número V-2010/0131 interposto por José María Sánchez Remeseiro contra a resolución do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, do 3 de novembro de 2009, pola que acorda o arquivo do expediente C-RP-0390/07, e, en consecuencia, anúlase a dita resolución, retrotraendo o expediente á fase procedemental oportuna, isto é, ao momento do requirimento a José María Sánchez Remeseiro da documentación preceptiva.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro recurso que estimen pertinente».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas