Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 2 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/VI/2011/00110, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido no lugar de Bazarra s/n, 15270 Cee (A Coruña), a resolución que estima o recurso de alzada número RA/VI/2011/00110, formulado contra a resolución do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, do 3.11.2009, pola que se acordou o arquivo do expediente C-RH-0520/07 sobre actuacións protexidas en materia de rehabilitación, cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo estimar o recurso de alzada número V-2010/0117 interposto por Jesús Carballo Ramos, en calidade de presidente da Comunidade de Propietarios Edificio Pino Lar contra a resolución do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, do 3 de novembro de 2009, pola que acorda o arquivo do expediente C-RH-0520/07, e, en consecuencia, anúlase a dita resolución, retrotraendo o expediente á fase procedemental oportuna, isto é, ao momento do requirimento a Jesús Carballo Ramos, en calidade de presidente da Comunidade de Propietarios Edificio Pino Lar da documentación preceptiva.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas