Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Begonte (expediente IN407A 2011/86-2, 7924 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Ciudad de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma subestación Fibranor 132/6 kV (nova posición de liña de 132 kV); reforma subestación Begonte 132/20 kV (nova posición de liña de 132 kV); e nova liña de S.E. Fibranor a S.E. Begonte (L.A.T. 132 kV provisional).

Situación: concello de Begonte.

Características técnicas:

● Ampliación de S.E. Fibranor.

Sistema de 132 kV.

– Amplíase o actual sistema de 132 kV de exterior tipo convencional, cunha nova posición de liña composta pola seguinte aparellaxe:

– Tres transformadores de tensión.

– Tres pararraios con contadores de descargas.

– Un seccionador tripolar rotativo por p.a.t.

– Tres transformadores de intensidade.

– Un interruptor tripolar.

– Un seccionador tripolar rotativo sin p.a.t.

– Complétase a ampliación do sistema de 132 kV coa prolongación das barras principais existentes.

Instálase unha caseta prefabricada de dimensións 7,24×2,62 m para a colocación dos armarios de control.

● Ampliación S.E. Begonte.

Sistema de 132 kV.

Amplíase o actual sistema de 132 kV de exterior tipo convencional, cunha nova posición de liña composta pola seguinte aparellaxe:

– Un transformador de tensión.

– Tres pararraios con contadores de descargas.

– Un seccionador tripolar rotativo por p.a.t.

– Tres transformadores de intensidade.

– Un interruptor tripolar.

– Un seccionador tripolar rotativo para illamento con barras.

– Complétase o sistema de 132 kV coa instalación dun seccionador de illamento de barras na actual posición de transformación e coa instalación das barras principais cos seus correspondentes transformadores de tensión e un seccionador tripolar sin p.a.t.

● L.A.T. 132 kV provisional sub. Fibranor a sub. Begonte.

– L.A.T. a 132 kV con orixe no pórtico libre da subestación de Fibranor e final no pórtico da futura subestación de Begonte, cunha lonxitude de 249 metros en condutor tipo LA-280 e cable de terra tipo OPGW, tensado sobre tres apoios, apoios n.º 1 e n.º 3 tipo Águila Real 14.000 e apoio n.º 2 Águila Real 18.000.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 13 de decembro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo