Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, anticipado de gasto e tramitación ordinaria da contratación do servizo de mantemento no Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense (expediente ED-04/12SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: ED-04/12SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de mantemento no CRD de Ourense.

b) Lugar de execución: CRD de Ourense.

c) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato. Véxase punto 2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Clasificación: grupo O, subgrupo 1, categoría A.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria/anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 169.346,52 euros, que se corresponden cun valor estimado de 143.514,00 euros, máis 25.832,52 euros, equivalente ao 18% de IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe a súa constitución.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 60.

d) Poderanse consultar os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16876

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 12 de xaneiro de 2012, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1.ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49).

2.ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) A data e a hora: a apertura das proposicións efectuarase o día 23 de xaneiro de 2012, ás 10.00 horas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de decembro de 2011.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria