Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37675

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2011 pola que se adxudican as axudas da Orde do 14 de novembro de 2011 pola que se convocan as axudas correspondentes ás prórrogas que se inician no ano 2011 dos programas Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2008) e Isabel Barreto (adxudicación do ano 2009), correspondentes a contratos de investigación en centros de investigación alleos ao Sistema Universitario de Galicia (SUG), ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015.

A Orde da Consellería de Economía e Industria do 14 de novembro de 2011 (DOG n.º 221, do 18 de novembro), aproba as bases e convoca, nos seus anexos I e II, as axudas correspondentes ás prórrogas que se inician no ano 2011 dos programas Isidro Parga Pondal, adxudicación do ano 2008, e Isabel Barreto, adxudicación do ano 2009, ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 para o ano 2011.

No artigo 2 do anexo I da mencionada orde de convocatoria determinábanse os requisitos que deberían cumprir os solicitantes da prórroga das axudas concedidas para a contratación de doutores do Programa Isidro Parga Pondal, adxudicación do ano 2008.

No artigo 2 do anexo II da mencionada orde de convocatoria determinábanse os requisitos que deberían cumprir os solicitantes da prórroga das axudas concedidas para a incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i do Programa Isabel Barreto, adxudicación do ano 2009.

A comisión de selección establecida no artigo 9 das bases xerais da dita Orde do 14 de novembro de 2011, na súa reunión do día 13 de decembro de 2011, tendo en conta os criterios de selección establecidos nas bases da convocatoria (artigo 7 do anexo I e artigo 7 do anexo II) e os créditos dispoñibles, acordou:

1. Propoñer a concesión dunha prórroga de dous anos de duración das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal-2008 (anexo I da orde de convocatoria), adxudicadas pola Resolución do 5 de decembro de 2008 (DOG do 18 de decembro) aos seis solicitantes que se relacionan no anexo I desta resolución.

2. Propoñer a denegación da prórroga aos dous solicitantes do Programa Isidro Parga Pondal 2008 que se relacionan no anexo II desta resolución.

3. Propoñer a concesión dunha prórroga de dous anos de duración das axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto 2009 (anexo II da orde de convocatoria) adxudicadas pola Resolución do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro) aos 16 solicitantes que se relacionan no anexo III desta resolución.

Na súa virtude, e atendendo esta proposta da comisión de selección esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles as axudas correspondentes ás entidades que contraten os seis candidatos seleccionados do Programa Isidro Parga Pondal-2008, que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo. Denegar as axudas correspondentes ás entidades dos dous candidatos do Programa Isidro Parga Pondal 2008, que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro. As seis axudas Parga Pondal concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011, 2012, 2013 e 2014 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 29 de decembro de 2011 e a súa duración de dous anos:

Aplicación

orzamentaria

Organismo
beneficiario

N.º

prazas

Ano 2011

Ano 2012

Ano 2013

Ano 2014

Total

08.02.561A.440.0

CSIC

2

551,61

62.700,00

68.400,00

5.148,39

136.800,00

Total

2

551,61

62.700,00

68.400,00

5.148,39

136.800,00

08.02.561A.443.2

CESGA

1

275,81

31.350,00

34.200,00

2.574,19

68,400,00

Total

1

275,81

31.350,00

34.200,00

2.574,19

68,400,00

08.02.561A.480.1

FCHUVI

2

551,61

62.700,00

68.400,00

5.148,39

136.800,00

FBCHUAC

1

275,81

31.350,00

34.200,00

2.574,19

68.400,00

Total

3

827,42

94.050,00

102.600,00

7.722,58

205.200,00

Total xeral

6

1.654,84

188.100,00

205.200,00

15.445,16

410.400,00

Cuarto. Concederlles as axudas correspondentes ás entidades que contraten aos 16 tecnólogos acreditados do Programa Isabel Barreto 2009, cuxas prazas se relacionan no anexo III desta proposta de resolución.

Quinto. As axudas correspondentes aos 16 contratos Isabel Barreto financiaranse con cargo ás aplicacións dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2012, 2013 e 2014 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 1 de xaneiro de 2012 e a súa duración de dous anos:

Aplicación

orzamentaria

Organismo

beneficiario

prazas

Crédito

Anualidades

Total euros

Ano 2012

Ano 2013

Ano 2014

08.02.561A.440.0

CSIC-IIM

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

CSIC-IEGPS

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

INGACAL-CIAM

1

31.350,00

34.200,00

2.850,00

68.400,00

Total

3

85.341,66

93.100,00

7.758,34

186.200,00

08.02.561A.443.2

Cesga

1

20.900,00

22.800,00

1.900,00

45.600,00

Citic

1

20.900,00

22.800,00

1.900,00

45.600,00

Fundación para o Fomento da

Calidade Industrial

2

47.895,83

52.250,00

4.354,16

104.499,99

FPMX

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

Cetmar

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

Total

6

143.687,49

156.750,00

13.062,50

313.499,99

08.02.561A.480.1

AIMEN

1

31.350,00

34.200,00

2.850,00

68.400,00

CTAG

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

CHUAC

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

CHUS

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

CHUVI

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

CT Lácteo

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

Gradiant

1

26.995,83

29.450,00

2.454,17

58.900,00

Total

7

193.324,98

210.900,00

17.575,02

421.800,00

Total

16

422.354,13

460.750,00

38.395,86

921.499,99

Sexto. Formalización das correspondentes prórrogas.

1. Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos investigadores e dos tecnólogos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización da prórroga dos correspondentes contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. Na prórroga dos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo aos programas: prórroga do Programa Isidro Parga Pondal, nova adxudicación 2008; ou prórroga do Programa Isabel Barreto, adxudicación do ano 2009, segundo corresponda.

b) A data de inicio e duración da correspondente prórroga, así como a retribución bruta anual.

Sétimo. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do xeito indicado no anexo correspondente a cada programa de axudas (anexo I e II da orde de convocatoria).

Oitavo. Todas as solicitudes para as que se propón o seu financiamento cumpren os requisitos establecidos nas correspondentes bases da convocatoria.

Noveno. A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na Orde de convocatoria do 14 de novembro de 2011 (DOG n.º 221, do 18 de novembro) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Décimo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 30.4.2009, DOG n.º 87, do 6 de maio)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO I
Prórroga do Programa Isidro Parga Pondal 2008 concedidas

Exp.

1.º apelido

2.º apelido

Nome

NIF

Centro

4

Boso

Alonso

Susana

76720543H

CSIC

5

Ordás

López

Bernardo

44076033Y

CSIC

6

González

López del Castillo

Iván

34889239X

CESGA

1

Figueroa

Conde-Valvís

Angélica

52988974X

FCHUAC

2

Ribeiro

Sandro José

X8818631V

FCHUVI

3

Spuch

Calvar

Carlos

36137057D

FCHUVI

ANEXO II
Solicitudes de prórroga Isidro Parga Pondal denegadas

Exp.

1.º apelido

2.º apelido

Nome

NIF

Centro

8

Magadán

Mompo

Susana

36098183M

IEO

7

Atanassova

Miroslava

X8126175E

ANFACO

ANEXO III
Prórrogas do Programa Isabel Barreto 2009 concedidas

Aplicación orzamentaria: 08.02.561A.440.0

OPIS: CSIC - INGACAL

Exp.

1.º apelido

2.º apelido

Nome

NIF

Organismo

Titulación

1

Criado

Boado

Felipe

32443314C

CSIC IEG Padre Sarmiento

L

8

González

Castro

Carmen

35319177D

CSIC II Mariñas

L

13

Castro

Insua

Juan Fernando

32751605L

INGACAL

Dr

Aplicación orzamentaria: 08.02.561A.443.2

Centros dependentes de fundacións públicas

Exp.

1.º apelido

2.º apelido

Nome

NIF

Organismo

Titulación

4

López

Cabido

José Ignacio

35440445K

CESGA

FP

9

Rueda

Crespo

Paloma

35259976X

CETMAR

L

2

Gulías

Fernández

Víctor Manuel

76717057M

CITIC

DPL

11

Toca

Carús

Covadonga

32634329C

FFCI-CIS D&T

L+DPL

10

Antuña

Álvarez

José Higinio

9396660X

FFCI – LOMG

L

6

Loidi

Fernández de Troconiz

Lourdes

15239465X

FPGMX

L

Aplicación orzamentaria: 08.02.561A.480.1

Institucións sen fin de lucro

Exp.

1.º apelido

2.º apelido

Nome

NIF

Organismo

Titulación

4

López

Cabido

José Ignacio

35440445K

CESGA

FP

9

Rueda

Crespo

Paloma

35259976X

CETMAR

L

2

Gulías

Fernández

Víctor Manuel

76717057M

CITIC

DPL

11

Toca

Carús

Covadonga

32634329C

FFCI-CIS D&T

L+DPL

10

Antuña

Álvarez

José Higinio

9396660X

FFCI – LOMG

L

6

Loidi

Fernández de Troconiz

Lourdes

15239465X

FPGMX

L

3

Pérez

González

Fernando

36080476P

GRADIANT

L