Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37673

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

DECRETO 232/2011, do 2 de decembro, polo que se adscriben á Fundación Galega da Formación para o Traballo espazos no edificio sito na rúa Airas Nunes de Santiago de Compostela.

A Comunidade Autónoma de Galicia dispón da propiedade do edificio sito na rúa Airas Nunes de Santiago de Compostela, de acordo coa escritura pública de cesión do 1 de decembro de 2006 do Concello de Santiago de Compostela. Tendo en conta a necesidade de espazos da Fundación Galega da Formación para o Traballo, faise precisa a adscrición parcial do referido inmoble.

Logo de informe de valoración do Servizo de Investigación Patrimonial e Obras, tramitouse o correspondente expediente de adscrición de conformidade co artigo 21.4.º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e estableceuse unha nova repartición de superficies, así como a porcentaxe de participación nos gastos.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de decembro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Adscríbense á Fundación Galega da Formación para o Traballo os espazos que se relacionan a seguir, no edificio sito na rúa Airas Nunes de Santiago de Compostela, de acordo co informe de valoración que figura no expediente:

Planta

semisoto

Planta

baixa

Planta 1.ª

Total

Porcentaxe ocupación

Fundación Galega da Formación para o Traballo

272,3 m2

-------

-------

272,3 m2

10,51%

Artigo 2.

A adscrición confire á entidade sinalada as facultades de administración, xestión e conservación do ben, e participará nos gastos derivados dos consumos de auga, electricidade etc., así como dos mantementos das instalacións ou servizos que vaian ser compartidos, en proporción á porcentaxe de ocupación indicada no artigo anterior.

Artigo 3.

A Consellería de Facenda, a través da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade do disposto neste decreto.

Santiago de Compostela, dous de decembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda