Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37671

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

DECRETO 231/2011, do 2 de decembro, polo que se acorda a mutación demanial dun inmoble situado na rúa Deporte 2-8, do concello de Ferrol.

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular dun inmoble na rúa Deporte 2-8 da cidade de Ferrol.

A Consellería de Traballo e Benestar tiña adscrito o inmoble, que estaba afecto ao servizo público de emprego. Esa mesma consellería comunicou o cambio de uso do citado inmoble.

Con data do 17 de novembro de 2011 a Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio emitiu informe favorable á mutación demanial.

Ao abeiro do artigo 12 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e dos artigos 30 e seguintes do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da antedita lei, por proposta da conselleira de Facenda, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de decembro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo único.

Acordar a mutación de destino do inmoble situado na rúa Deporte 2-8 co fin de destinalo a servizos sociais. O inmoble está composto dunha planta baixa duns 350 m2 e estrema: norte, parte do local do cal se segrega, sur, rúa Deporte; leste, comunidade do edificio vendido por pisos por Jesús Corzo Sierra; oeste, parte do local do cal se segrega. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 1.299, libro 454, folio 169, predio 38.813. Referencia catastral 2958904NJ6125N0058IR.

Disposición derradeira.

A Consellería de Facenda, a través da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, dous de decembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda