Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de limpeza en varias dependencias da Consellería do Medio Rural (expediente 37/11).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza en varias dependencias da Consellería do Medio Rural.

c) División por lotes e número: si, 12.

Lote 1. Oficinas agrarias comarcais. Provincia da Coruña; lote 2. Oficinas distritos forestais. Provincia da Coruña; lote 3. Oficinas Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Provincia da Coruña; lote 4. Oficinas agrarias comarcais. Provincia de Lugo; lote 5. Oficinas distritos forestais. Provincia de Lugo; lote 6. Xefatura Territorial e oficinas agrarias comarcais. Provincia de Ourense; lote 7. Oficinas distritos forestais. Provincia de Ourense; lote 8. Oficinas Dirección Xeral de Conservación da Natureza de Ourense; lote 9. Oficinas agrarias comarcais. Provincia de Pontevedra; lote 10. Oficinas distritos forestais. Provincia de Pontevedra; lote 11. Oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Provincia de Pontevedra; lote 12. Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

d) Lugar de execución/entrega: o que especifique o prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución/entrega: 3 anos desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: prorrogable por períodos anuais ata un máximo de tres.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.091.694,96 €, IVE (18%): 196.505,09 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares). Importe total: 1.288.200,05 €.

Valor estimado: 2.183.389,92 euros (sen IVE), incluídas posibles prórrogas.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categorías A, B ou C, segundo o apartado J da carátula.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxase prego de cláusulas administrativas particulares, letras H e I.

7. Garantías exixidas: Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n. 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48 (consultas administrativas), 981 54 57 87 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 57 92.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: Ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17041

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 16 de xaneiro de 2012.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 57 92).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (02) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n. A sala indicarase na plataforma de contratación coa suficiente antelación.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas:

A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o día 30 de xaneiro de 2012.

Hora: 12.00 horas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de decembro de 2011.

13. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo XIII do prego de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 24.4.2009; DOG n.º 81, do 28 de abril)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural