Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do arrendamento mediante a modalidade de renting de 60 vehículos para a campaña de saneamento gandeiro (expediente 25/11).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración en réxime de renting de 60 vehículos para a campaña de saneamento gandeiro.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto.

a) Criterios de adxudicación: segundo a letra L da folla de especificacións.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 993.104 €, IVE (18%): 178.758,72 €, importe total: 1.171.862,72 €.

Valor estimado incluídas posibles prórrogas (con IVE): 1.464.828,4 €.

Importe total incluídas posibles prórrogas (sen IVE): 1.241.380 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non exixida.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo as letras H y I da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48 (consultas administrativas), 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 57 92.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16399

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 13 de xaneiro de 2012.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 57 92).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, edificio administrativo San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas:

A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o día 26 de xaneiro de 2012.

Hora: 12.00 horas.

A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil de contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de decembro de 2011.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 24.4.2009, DOG n.º 81, do 28 de abril)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural