Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para ser notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo, 2.º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 17 de novembro de 2011.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-R-PO-0128/2011-RB.

Denunciado: Amancio González García.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CR-PO-0100/2011-RB.

Denunciada: Dolores Touriño Vázquez.

Acto de notificación: proposta de resolución.