Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Hermanas Formaran, SAT n.º 1079 XUGA, na asemblea xeral do 16 de setembro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aceptar a baixa do socio Cándido Rodríguez Rodríguez, e a transmisión das 530 participacións que ten ao novo socio Alejandro Rodríguez Vivero.

2. Como consecuencia da compra-venda de títulos o capital non sofre variación, sendo este de 95.574,9 €, representado por 1.590 títulos cun valor nominativo de 60,11 € cada un, e distribuído entre os socios da seguinte maneira:

María del Rocío Rodríguez Morán 530 títulos 31.858,30 € de capital social

María del Sagrario Rodríguez Morán 530 títulos 31.858,30 € de capital social

Alejandro Rodríguez Vivero 530 títulos 31.858,30 € de capital social

3. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: María del Sagrario Rodríguez Morán, presidenta; María del Rocío Rodríguez Morán, secretaria, e Alejandro Rodríguez Vivero, como vogal.

b) A sociedade agraria de transformación Embutidos Lalinenses, SAT n.º 884, na asemblea xeral do 17 de agosto de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Nilo López López, presidente; Eva Celia Diéguez González, secretaria, Adelaida Martínez Villamayor e Alfonso López López, como vogais.

c) A sociedade agraria de transformación Canedo, SAT n.º 1096 XUGA, na asemblea xeral do 25 de novembro de 2011, que ratifica a do 31 de marzo de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aceptar a baixa da socia María del Pilar Carro Veiras, e a transmisión das 40 participacións que ten entre os seguintes socios, quedando como segue:

– 20 títulos a Manuel Carro Álvarez, co DNI 76311162-Z, que os compra polo valor de 601,0121 € cada un, resultando o prezo final do conxunto de 12.020,24 €.

– 20 títulos a Dolores Veiras Sánchez, co DNI 76310863-G, que os compra polo valor de 601,0121 € cada un, resultando o prezo final do conxunto de 12.020,24 €.

Como consecuencia da compra-venda de títulos o capital non sofre variación, sendo este de 286.682,77 €, representado por 477 títulos cun valor nominativo de 601,0121 € cada un, e distribuído entre os socios da seguinte maneira:

Manuel Carro Álvarez 159 títulos 95.560,92 € de capital social.

Dolores Veiras Sánchez 159 títulos 95.560,92 € de capital social.

José Luis Carro Veiras 159 títulos 95.560,92 € de capital social.

d) A sociedade agraria de transformación Finca Mariño, SAT n.º 1108 XUGA, na asemblea xeral do 11 de novembro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: José Antonio Mariño Regueiro, presidente; María del Carmen Rey Ramas, secretaria, Josefa Regueiro Mallo, M.ª Mercedes Esparís Silva e Carmen Lueiro Maroñas, como vogais.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2011.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria