Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2011 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de xestión de servizo público en réxime xurídico concesional para a explotación da estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal 2011.

A Presidencia da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, ao abeiro das facultades que lle confire o artigo 9 do Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos do dito ente, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?OR=24

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: administrativo de xestión de servizo público en réxime xurídico concesional.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: explotación da estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal 2011. A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1009. XSP.

CPV (referencia de nomenclatura): 45259100-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 154, do 11 de agosto de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.758.722,67 euros. Importe total: 1.899.420,48 euros.

Valor estimado do contrato (inclúe o importe total do contrato sen IVE, que comprende os orzamentos da licitación e das eventuais modificacións e prórrogas previstas): 12.086.313,41 euros.

Data de adxudicación: 31 de outubro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 1.544.620,94 euros. Importe total: 1.668.190,62 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de novembro de 2011.

Contratista: S.A. Agricultores de la Vega de Valencia & Depuración de Aguas del Mediterráneo, S.L., Unión Temporal de Empresas.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

3. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos