Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011 pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos de execución de obras públicas hidráulicas non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Presidencia da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, ao abeiro das facultades que lle confire o artigo 9 do Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos do dito ente, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?OR=24

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposicións economicamente máis vantaxosas por obteren a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección das súas ofertas con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obras.

a) Descrición: colectores xerais e estación depuradora de augas residuais en Ponte Carreira. Frades (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.967.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9, 45232431-2 e 45232420-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 95, do 18 de maio de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.157.637,41 euros. Importe total: 1.366.012,14 euros.

Data de adxudicación: 19 de outubro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 1.021.036 euros. Importe total: 1.204.822,48 euros.

Data de formalización do contrato: 14 de novembro de 2011.

Contratista: Movex Vial, S.L.

b) Descrición: dotación de infraestruturas ao núcleo de Santa Eufemia. Folgoso do Courel (Lugo).

Número de expediente: OH.527.602.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8, 45232431-2 e 45232420-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 95, do 18 de maio de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 392.124,64 euros. Importe total: 462.707,08 euros.

Data de adxudicación: 19 de outubro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 348.010,62 euros. Importe total: 410.652,53 euros.

Data de formalización do contrato: 14 de novembro de 2011.

Contratista: Lancer Proyectos y Obras, S.A.

c) Descrición: estación de tratamento de auga potable en Leiro. Leiro (Ourense).

Número de expediente: OH.232.768.

CPV (referencia de nomenclatura): 45252126-7.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 95, do 18 de maio de 2011, e corrección de erros no DOG núm. 97, do 20 de maio de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 199.812,38 euros. Importe total: 235.778,61 euros.

Data de adxudicación: 19 de outubro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 176.933 euros. Importe total: 208.780,94 euros.

Data de formalización do contrato: 14 de novembro de 2011.

Contratista: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

d) Descrición: proxecto para a mellora do abastecemento e saneamento en Oímbra-O Rosal. Oímbra (Ourense).

Número de expediente: OH.532.782.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 97, do 20 de maio de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 188.141,46 euros. Importe total: 222.006,92 euros.

Data de adxudicación: 14 de outubro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 165.376 euros. Importe total: 195.143,68 euros.

Data de formalización do contrato: 9 de novembro de 2011.

Contratista: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

e) Descrición: construción de infraestruturas hidráulicas no concello de Muíños. Muíños (Ourense).

Número de expediente: OH.532.783.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232153-9 e 45232421-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 97, do 20 de maio de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 169.466 euros. Importe total: 199.969,88 euros.

Data de adxudicación: 14 de outubro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 151.367,03 euros. Importe total: 178.613,10 euros.

Data de formalización do contrato: 9 de novembro de 2011.

Contratista: Hordescón, S.L.

f) Descrición: actuación ambiental e de saneamento na Mirandela. A Mirandela-O Xobre. A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1001.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9, 45233200-1 e 45232200-4.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 97, do 20 de maio de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 168.385 euros. Importe total: 198.694,30 euros.

Data de adxudicación: 14 de outubro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 148.830,51 euros. Importe total: 175.620 euros.

Data de formalización do contrato: 9 de novembro de 2011.

Contratista: Obras y Viales de Galicia, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun setenta por cento (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos. Unha maneira de facer Europa. En concreto, as obras indicadas coas letras a), b), d), e) e f) encadranse no tema prioritario 46, Tratamento da auga (auga residual), e coa letra c) no tema prioritario 45, Xestión e distribución da auga (auga potable).

O cofinanciamento europeo, así mesmo, fíxose público no perfil do contratante e foi comunicado de xeito individual aos licitadores.

4. Outras informacións:

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos