Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de novembro de 2011 de notificación de apertura do período de proba, devolta polo servizo de Correos por resultar a interesada ausente na repartición.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/134/2010 ditou, o 9 de novembro de 2011, o acordo polo que se notifica a apertura do período de proba a Isabel del Río Maneiro, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa e de tres edificacións auxiliares, no lugar do Nabalexo, parroquia de Salcedo, no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística