Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de novembro de 2011 de requirimento de acreditación de representación no expediente IU1/43/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para acreditación de representación no recurso de reposición presentado por Alfredo Vilela Santalla en nome e representación da entidade mercantil Santoscón, S.L., contra a Resolución do 28 de xullo de 2011 da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no expediente de referencia, na cal se ordena a suspensión das obras que se están a executar no lugar O Baturro, núm. 1, San Román de Montoxo, no termo municipal de Cedeira, provincia da Coruña.

Unha vez comprobada a documentación achegada e constatada a ausencia de acreditación da representación que di ter Alfredo Vilela Santalla para actuar en nome e representación da devandita entidade mercantil, requíreselle para que, de conformidade co artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emende a falta de representación por calquera medio válido en dereito, nun prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, con indicación de que, se transcorrido o dito prazo non o fixer, se lle terá por desistido do seu recurso, coas consecuencias que diso deriven (artigo 71.1 da Lei 30/1992).

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística