Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de novembro de 2011 pola que se notifica o período de proba no expediente sancionador 107 C 2011/44-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O instrutor do expediente sancionador 107 C 2011/44-0 acordou o 8 de setembro de 2011 abrir un período de proba, o cal se lle notifica aos herdeiros de Manuel Mazas Amor como presuntos responsables dunha infracción urbanística moi grave pola execución de obras consistentes en grandes movementos de terras, recheos, muros de contención, canalizacións, construción de tres edificacións destinadas a usos residenciais, dunha edificaión destinada a instalacións, dunha pista de tenis, dunha piscina, dunha nave industrial, apertura de novos camiños e dunha pista de acceso con muros de contención, no lugar de Penaloureira, parroquia de Rutis, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edifício Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a sua consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística