Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CÉDULA do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a notificación de incoación e trámite de audiencia dun expediente sancionador (PESAN1 2011/000188-2).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona a incoación e trámite de audiencia do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que consideren pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Lugo, avda. Ramón Canosa s/n, 27863 Viveiro.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000188-2.

Denunciado: Manuel Ángel Álvarez García.

DNI: 09382099P.

Enderezo: rúa Celestino Álvarez, 5, portal A, Oviedo.

Celeiro-Viveiro, 2 de decembro de 2011.

Miguel A. Otero Soto
Instrutor