Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto polo Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Pontevedra.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1, tramítase o recurso 863/2011 (procedemento ordinario), interposto polo Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Pontevedra, contra o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), da Consellería de Sanidade, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, máis concretamente en canto ao seu artigo 6.2 que dispón que o titular da Dirección de Procesos Asistenciais poderá ser diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos