Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37440

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de licitación de subministración e xestión de servizos de telecomunicación, explotación e mantemento da rede Wimax municipal.

O Concello Pleno, na sesión do día 29 de novembro de 2011, acordou iniciar de novo a licitación para a contratación indicada e, para tal efecto, aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o prego de prescricións técnicas (PPT).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Tomiño. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Núm. expediente: 08/11.

2. Obxecto do contrato: subministración e xestión de servizos de telecomunicación, explotación e mantemento da rede Wimax municipal para ofrecer acceso á banda larga nos núcleos de poboación pertencentes ao Concello de Tomiño, incluídos no ámbito do proxecto piloto Tomiño sen Fíos, e que se reflicten nos anexos I e II do prego de condicións técnicas, conforme se especifica nos puntos 1.5 e 1.6. Duración: tres (3) anos con posibilidade de prórroga anual ata o máximo de 6 anos, e segundo o establecido no PCAP.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios.

4. Orzamento: estimado en 98.832,00 €/ano (IVE incluído). A retribución do concesionario consistirá nas tarifas que aboen os usuarios do servizo obxecto do contrato, e que se inclúan na proposición económica da adxudicataria ou, se é o caso, polos ingresos por patrocinio ou publicidade. Financiamento: autofinanciamento.

5. Garantías: provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: o licitador deberá dispoñer de título habilitante expedido pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións para a explotación de redes e prestación de servizos de comunicacións electrónicas, así como as respectivas licenzas, autorizacións e permisos.

7. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello. Praza do Seixo, 1. Tomiño 36740; teléfono: 986 62 20 01/ fax: 986 60 81 64. Web: www.concellotomino.com (perfil do contratante).

8. Presentación das ofertas: no Rexistro Xeral do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas. Documentación que hai que presentar: a exixida nos pregos. Data límite: 15 días naturais contados desde o seguinte á última publicación da licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e perfil do contratante do concello. Se o prazo finaliza en día inhábil ou sábado, entenderase que o prazo expira o inmediato día hábil posterior.

9. Apertura de ofertas: a mesa de contratación e de conformidade co establecido nos pregos de condiciones.

10. Criterios de adxudicación: o resultado final (máximo de 91 puntos) obterase da suma das valoracións dos seguintes criterios pormenorizados no PPT.

– Criterios automáticos (51 puntos):

a) Plan de tarifas (36 puntos).

b) Prazo de posta en marcha (10 puntos).

c) Oferta de servizos de telefonía (5 puntos).

– Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor (40 puntos):

a) Valoración de referencias e experiencias similares da empresa (5 puntos).

b) Garantías do servizo de mantemento (20 puntos):

b.1. Plan xeral de mantemento correctivo: 4 puntos.

b.2. Políticas de mantemento preventivo: 4 puntos.

b.3. Soporte técnico, de administración e monitorización do tempo de resposta e resolución de incidencias: 4 puntos.

b.4. Atención ao usuario: 4 puntos.

b.5. Soporte integral para os equipos doutros fabricantes: 4 puntos.

c) Outras prestacións superiores sen custo para o concello, que se valorarán como melloras (15 puntos).

c.1. Ampliación da rede: 10 puntos.

c.2. Subministración ao concello: 5 puntos.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. Importe máximo 1.100,00 euros.

Tomiño, 13 de decembro de 2011.

Uxío Benítez Fernández
Alcalde accidental