Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37443

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de asunción das competencias do Concello de Cospeito en materia de xestión tributaria.

No Boletín Oficial da provincia (en diante BOP) de Lugo número 230, do día 7 de outubro de 2009, publícase o anuncio relativo á asunción pola Deputación de Provincial de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria relativo ás propostas de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación con relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público aprobada no Pleno da Deputación Provincial de Lugo que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007, e no Pleno do día 28 de outubro de 2008 refórmanse as bases décima e décimo primeira, así como os concellos que delegaron as súas competencias nesta materia, co alcance e contido das delegacións.

No BOP número 272, do día 28 de novembro de 2011, publícase o contido da asunción pola Deputación Provincial de Lugo de competencias en materia de gestión tributaria do Concello de Cospeito.

Lugo, 1 de decembro de 2011.

P.D. (Decreto 2821/2011, do 15 de xullo)
M.ª del Pilar García Porto
Deputada delegada de Economía, Recadación e Facenda

José Antonio Mourelle Cillero
Secretario da Deputación Provincial de Lugo