Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37438

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de información pública do Convenio urbanístico de planeamento e xestión entre o concello de Poio e Manuel Rial Buceta e María Jesús Nieto Quintillán, no que se refire á xestión.

O Pleno desta corporación local, por acordo número 3527, adoptado na sesión do día 20 de maio de 2011, acordouse aprobar o Convenio urbanístico de planeamento e xestión entre o concello de Poio e Manuel Rial Buceta e María Jesús Nieto Quintillán, asinado polos interesados o 21.4.2010. O dito convenio, a que se refire a xestión, sométese a información pública no prazo de 20 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo establece o artigo 236 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e posteriores que a modificaron.

Contra o dito acordo pódese, directamente no prazo dun mes, desde a publicación, interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a alcaldía, de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, consonte o establecido nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2 ante a devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 43.2 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, podendo entón os interesados interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de 6 meses contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado ou recurso de reposición interposto, consente ao establecido no artigo 46.1 e 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito.

Poio, 23 de setembro de 2011.

Luciano Sobral Fernández
Alcalde