Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre autorización administrativa e de execución (clave MAS/242 2011).

Emilio Bruquetas Serantes, actuando en nome e representación de Regasificadora del Noroeste, S.A. (Reganosa) solicitoulle a esta alcaldía unha licenza municipal para a construción do proxecto denominado: ampliación da posición 04B.1 ERM G-100 (clave: MAS/242 2011).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte á publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 14 de novembro de 2011.

José García Liñares
Alcalde