Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Domicilio social: Nicaragua. 10-3.º esqda., 15005 A Coruña.
Denominación: reforma C.T. Boimir.
Situación: concello da Laracha.
Características técnicas:
L.M.T. illada a 15/20 kV de 15 m de lonxitude en condutor R.H.V.S. 95 mm², con orixe no último apoio da L.M.T. existente a C.T. Boimir e final no C.T. reformado.
Ampliación potencia a 100 kVA, substitución do cadro de baixa tensión. Concello da Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 2 de novembro de 2011.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña