Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2011/310-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cia, S.A.

Domicilio social: rúa Doctor Fernández Vega 14, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T., C.T. Sevilla.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene D.H.Z.1 de 321 metros de lonxitude, con orixe no C.T. existente Merouces e final no C.T. proxectado Sevilla. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado no Val, Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de novembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra