Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2011/86-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: C.T. avda. Celanova, 90 e C.T. A Valenzá, 2 (32C736).

Situación: Barbadás.

Características técnicas: ampliación do C.T. non prefabricado A Valenzá 32C736 (expediente 3115-A.T.) con outra máquina de 400 kVA.

Orzamento: 64.938,33 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 14 de novembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense