Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Electra del Narahío, S.A.
Domicilio social: Vista Alegre-Doso, 15577 Narón.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Hotel Naturaleza.
Situación: concello de San Sadurniño.
Características técnicas: L.M.T. aérea-subterránea a 15/20 kV, de 185 e 150 m de lonxitude, en condutor LA-56 e R.H.Z.1 de 95 mm2 Al, con orixe no apoio que se vai instalar na L.M.T.A. existente denominada Portela-San Sadurniño e remate no C.T. prefabricado de manobra interior, de 100 kVA e rede de baixa tensión de 111 m de lonxitude, en condutor X.Z.1. Concello de San Sadurniño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico e no título VII capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 6 de novembro de 2009.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña