Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 25 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición do dereito mineiro número 5.207 (Val de Fernández), sito nos concellos de Verín e Vilardevós.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.207.

Nome: Val de Fernández.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionario: Canteras Fernández Orense, S.L., Geología. S. COM.

Enderezo: Abdón Blanco, n.º 2-5.ª A, 36300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Data da solicitude: 25 de marzo de 2011.

Cuadrículas: 8.

Recursos: lousas.

Concellos: Verín e Vilardevós (Ourense).

Designación:

Vértice

Longitud

Latitud

1

7º 23’ 00”

41º 52’ 20”

2

7º 22’ 20”

42º 52’ 20”

3

7º 22’ 20”

42º 53’ 00”

4

7º 22’ 00”

42º 53’ 00”

5

7º 22’ 00”

42º 51’ 40”

6

7º 23’ 00”

42º 51’ 40”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4.º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de outubro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense