Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37173

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 5 de decembro de 2011 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións dos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala que os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras, logo de emitido o informe favorable pola Consellería de Facenda, para seren publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitir o preceptivo informe favorable a Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas polos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Móvete pola túa saúde. Gana saúde cunha vida activa - 5 euros.

Muévete por tu salud. Gana salud con una vida activa - 5 euros.