Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37172

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011 pola que se fai público o acordo do Pleno do Parlamento de Galicia relativo á elección dun membro do Consello de Administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

O Pleno do Parlamento, na sesión do día 29 de novembro de 2011, procedeu á elección dun membro do Consello de Administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 4.1 da Lei 9/1984, do 11 de xullo, de creación da compañía de Radio-Televisión de Galicia, e foi designado Luis de la Matta Cantó.

O que se publica para xeral coñecemento, ao abeiro dos artigos 65 e concordantes do Regulamento da Cámara.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia