Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a subministración e instalación dun sistema de alimentación ininterrompida para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: electromecánicos. Nº de expediente: 3397/444.

2. Obxecto do contrato: descrición: arrendamento con opción de compra dun sistema de alimentación ininterrompida.

Unidades que se entregarán:

Lotes: no.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días. Prazo total do contrato: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 674,19 euros/mes.

5. Garantía: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: oficina de información xeral do concello de Vigo; praza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10.30 horas do primeiro luns seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 18 de decembro de 2003.

Javier Jorge Guerra Fernández

Concelleiro de Patrimonio