Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión realizada o día 25 de novembro de 2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle na parcela 42 lo lugar de Boa Vista, rúa Illa Canosa, da parroquia de San Salvador deste termo municipal, redactado polo arquitecto Miguel Ángel Varela de Ugarte, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos na data do 4 de xuño de 2003 e promovido pola sociedade Lanzamar, S.A.

Do mesmo xeito faise constar que, con esta data do 18 de decembro de 2003, se traslada copia da documentación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Urbanismo.

O que se fai público para os efectos determinados no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que puidera interpor calquera outro recurso que se considere conveniente.

Poio, 18 de decembro de 2003.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde