Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.524

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2003, da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública á alza da propiedade do Estado-ramo de Defensa, denominada: local na avenida das Pías con volta á rúa Enxeñeiro A. Comerma, en Ferrol (A Coruña).

A propiedade é un local de oficinas, situado principalmente no entresollado do edificio de vivendas que fai esquina, situado entre as rúas Santa Comba e Enxeñeiro A. Comerma, no municipio de Ferrol (A Coruña). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como predio 30.291, tomo 1045, libro 322, folio 109.

Superficie segundo rexistro: 281,25 metros cadrados.

Cantidade tipo mínima para a poxa: 206.739,85 euros.

Características físicas, técnicas e usos urbanísticos da propiedade: as que figuran no prego que rexe a poxa.

Foi desafectada, declarada a súa alleabilidade e posta á disposición da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, o 7 de xuño de 2002. O acto da poxa realizarase ante a mesa constituída para o efecto na sede da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, rúa Princesa número 32-36, de Madrid, o día 22 de xaneiro de 2004, a partir das nove trinta horas.

Información e pregos: nas oficinas da Área de Infraestructura e Equipamento da Defensa da Delegación de Defensa da Coruña, Costa da Palloza, número 1, segundo esquerda (teléfono 981 17 36 11) e na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, no domicilio antes indicado (teléfono 91 548 96 80), en horario de oficina, así como na páxina web: www.gied.es.

Madrid, 19 de decembro de 2003.

Miguel Ángel Jusdado Ruiz-Capillas

Director xerente da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa