Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de decembro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento da vivenda (expediente c-2-cd/1968, conta 1135) do que era titular Manuel Sánchez Santiago, por renuncia da mesma, en cumprimento do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Visto o expediente correspondente á vivenda 1135, construída ó amparo do expediente C-2-CD/1968.

Resultando que con data 10-6-2002 foi outorgado contrato de arrendamento da citada vivenda, propiedade do IGVS, a favor de Manuel Sánchez Santiago.

Resultando que con data 27-11-2003 comparece perante funcionaria Manuel Sánchez Santiago, con DNI 32535863-V, para facer entrega das chaves da vivenda e renunciar a tódolos dereitos que teña como adxudicatario.

Considerando que o Instituto Galego da Vivenda e Solo é, segundo a Lei 3/1988, do 27 de abril, un organismo autónomo de carácter comercial e financeiro, adscrito á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con plena capacidade de obrar no ámbito do dereito público e privado, establecendo o seu artigo 4 como función propia, entre outras, a administración, xestión, conservación e disposición das vivendas do seu patrimonio.

Considerando que o Decreto 70/1997, polo que se establece a estructura orgánica do IGVS, no seu artigo 17 atribúe ós delegados provinciais a competencia para a rúbrica dos contratos e outra documentación relativa á adxudicación de vivendas e locais.

Considerando que a renuncia presentada polo adxudicatario supón a petición de resolución do contrato de arrendamento subscrito coa Administración.

Vistos os preceptos legais citados, a lexislación de vivendas de protección oficial e demais normas de xeneral aplicación,

RESOLVO:

Acepta-la renuncia do adxudicatario e, en consecuencia, acorda-la resolución de pleno dereito do

contrato da vivenda conta 1135 do expediente C-2-CD/1968, situada en Ferrol, r/ Cádiz, bloque 16, P-4, 5º esq. do Polígono de Caranza.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña.

A Coruña, 1 de decembro de 2003.

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña