Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de decembro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Antonio Pérez Vázquez, a apertura dun período de proba, acordado no expediente sancionador (ES-P-004/03).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, número 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de decembro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-P-5013/98 (expte. sancionador: ES-P-004/03).

Nome: Antonio Pérez Vázquez.

Enderezo: r/ do Magnolio número 2, 2º D en Ponteareas, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo decreta-la apertura dun período de proba, por un prazo de trinta días a partir da data deste acordo para a práctica da seguinte: pericial, consistente en que os Servicios Técnicos da Área Provincial do IGVS en Pontevedra, comproben a veracidade dos feitos denunciados por Antonio Pérez Vázquez no seu escrito do 19 de febreiro de 2002, rexistro de entrada número: 1416, e determinen, se é posible, a causa das presuntas deficiencias.

Recursos: contra o presente acordo, que non é susceptible de recurso, o interesado dispón dun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación deste acordo.