Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de decembro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica ó interesado o requirimento de pagamento acordado no expediente de desafiuzamento administrativo (expedientes P-056/1999).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse o interesado que se sinalan no anexo para ser notificado, por comparecencia, na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, número 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 3 de decembro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-ADQ-1/1987 (expediente desaf.: P-056/1999).

Cta.: 51.

Nome: Manuel Rodríguez Ferreira.

Enderezo: r/ Lorient, 5, ptal 9, 8º B en Vigo, Pontevedra.

Non pagamento débeda: 11.068,36 euros.